Skeirrum S. Coop Galega Xuvenil

Escape rooms personalizadas, experiencias a medida.

Dende Skeirrum deseñamos, organizamos e executamos xogos de escapismo dixitais adaptados a distintos lugares e contextos. 

Os xogos de escape room son a opción perfecta para aprender e divertirse en grupo, poñendo a proba as habilidades mentais dos participantes. Moito máis que xogos divertidos! As nosas Escape Rooms son ferramentas pedagóxicas innovadoras que involucran aos xogadores de maneira activa, promovendo a colaboración, o pensamento estratéxico e a toma de decisións. Ademáis, cada experiencia está coidadosamente deseñada para adaptarse aos obxectivos e contidos que desexe o cliente.

Trátase dunha actividade na que se organiza aos xogadores en parellas ou grupos. Estes deben resolver todos os enigmas e probas que se plantexan no trascurso da actividade. Mentres resolven as probas os participantes familiarízanse coa temática específica da escape room elexida para eles. Permitíndolles interiorizar os novos conceptos dunha maneira diferente.

É unha experiencia dixitalizada na que só e necesario o teléfono móbil e conexión a internet. A propia App Web rexistrará os resultados obtidos por cada equipo, estes veranse reflexados nunha clasificación final. Non existe a posibilidade de os equipos se atasquen durante o xogo xa que poderán pedir pistas, saltar probas e se introducen mal a resposta máis de tres veces a propia app salta a seguinte proba. Todas estas accións serán sancionadas con tempo engadido, dificultando que o equipo gañe. Gañará o equipo que consiga completar a experiencia no menor tempo posible.


DHAIS CONSULTORÍA


Datos de contacto


Presenza na rede