Trámites Ventanilla Única

Somos unha asesoría especializada en Traballadores por Conta Propia/Autónomos. O noso servizo comprende a xestión directa, persoal e integral de todas as obrigacións tributarias e laborais dos autónomos (confección, presentación e custodia dos modelos oficiais).

Se es autónomo/a ou tes intención de selo pronto, e o teu negocio non é do sector da agricultura, gandería e/ou pesca, podes beneficiarte das vantaxes de ser cliente de Trámites Ventanilla Única. Para calquera volume de facturación, está incluído todo o relativo o autónomo/a:

  • Alta de autónomo/a, asesoramento previo a alta e modificacións censales.
  • Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación fiscal.
  • Libros de Rexistro Oficiais: Ingresos, Gastos e Bens de investimento.
  • Modelo trimestral (303) e anual (390) de IVE.
  • Modelo trimestral (130) de IRPF.
  • Modelo trimestral (111) e anual (190) de retencións de IRPF.
  • Modelo trimestral (115) e anual (180) de ret. de IRPF (aluguer de local).
  • Declaración anual de operacións con terceiras persoas (347).
  • Declaración trimestral ou anual de operacións intracomunitarias (349).

E se tes ou queres contratar traballadores, tes á túa disposición o noso servizo de Asesoría Laboral, incluíndo todo o necesario:

  • Asesoramento, resolución de dúbidas e planificación laboral.
  • Contratación e Alta de traballadores en Seguridade Social.
  • Confección de nóminas.
  • Liquidación de Seguros Sociais.
  • Xestión de procesos de Incapacidade Temporal.
  • Despidos e Rescisións de Contratos de Traballo.
  • Liquidación, Certificado de Empresa e baixa de traballadores en Seguridade Social.

 


Datos de contacto


Presenza na rede