Convocatoria aberta para aproveitar os servizos avanzados do Programa Re-acciona

As persoas interesadas en aproveitar algún dos once tipos de servizos avanzados que pon a disposición o IGAPE dentro do Programa Re-acciona, xa poden solicitalos ata o próximo 29 de decembro.

A través do cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o programa Re-acciona busca axudar ás pemes e persoas autónomas a acadar novas competencias na xestión empresarial, facilitando a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia ou a adaptación dos procesos de produción para que acheguen un impacto positivo global na súa actividade.

Máis detalle neste enlace