Axudas á cooperación entre pequenos operadores no ámbito do turismo


  • 01/02/2018
  • 28/02/2018
Accede desde aquí

TU983A - Subvencións á cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo (2018).

Data de publicación: 31/01/2018

Data inicio de solicitude: 01/02/2018

Data fin solicitude: 28/02/2018

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas para o deseño, creación e promoción de produtos innovadores turísticos de Galicia, entendidos estes como produtos turísticos os bens ou servizos turísticos ofertados ao público mediante contraprestación económica. No caso de que o produto turístico se configure como paquete turístico, a súa comercialización requirirá a intermediación dunha axencia de viaxes. En todo caso as actividades deberán ser realizadas ou promovidas no ámbito rural de Galicia.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva e suxeita ao réxime de mínimis, ata un 70% e un máximo de 30.000 euros, para o financiamento de gastos e custes derivados de investimentos de carácter inmaterial (deseño, folletos, paquetes, publicidade, encontros, feiras, publicidade, ...)

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta axuda as empresas do sector turístico de Galicia (incluídas as persoas autónomas) que se agrupen para colaborar e que, polo menos unha delas, estea inscrita conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido desde: 
Jueves, 1 Febrero, 2018
Válido hasta: 
Miércoles, 28 Febrero, 2018