Aberto prazo para un curso de PRL nivel básico na EGAP

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución do 17 de xullo de 2018 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou persoa autónoma, empresaria ou persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Grazas ao convenio entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral (ISSGA), convócase un curso de prevención de riscos laborais nivel básico (código CV18035)

Características do curso:

► Modalidade: teleformación
► Duración: 60 horas
► Edicións: tres
► Datas: do 25 de setembro ao 23 de novembro de 2018
► Proba final presencial: o día 23 de novembro ás 10.00 horas
► A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos Centros Territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas
► Prazas: 50 por edición

Contido do curso:

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo
2. Riscos xerais e a súa prevención
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos
5. Primeiros auxilios
6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero

Neste enlace se ten acceso á dita resolución

A inscrición debe facerse directamente a través do portal da EGAP entre o 27 de agosto e o 5 de setembro de 2018