Entrada en vigor do Real Decreto-lei 28/2018 en materia laboral e de emprego

O pasado 29 de decembro vense de publicar no BOE o Real Decreto Lei 28/2018, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego onde se inclúen diversas medidas que son de especial relevancia para as persoas traballadoras autónomas, no ámbito das competencias exclusivas do Estado en materia de Seguridade Social e do ámbito laboral.

Entre elas destacan:

1. Actualización das bases mínimas e outros límites de cotización dos traballadores por conta propia no sistema Seguridade Social, polo que se incrementa nun 1,25% respecto das vixentes no 2018, establecéndose tamén unha contía de 944,40€ para a base mínima aplicable con carácter xeral.

Do mesmo xeito, a base máxima sitúase nos 2.077,80€ mensuais, incidindo en diferentes casuísticas en función da idade, actividade e complementariedade coa cotización por conta allea.

2. Revisión dos tipos de cotización no Réxime Especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónoma, de tal xeito que, a partires do 1 de xaneiro de 2019, quedan definidos do seguinte xeito:

a) Para as continxencias comúns, o 28,30 por cento.
b) Para as continxencias profesionais, o 0,9 por cento, do que o 0,46 por cento corresponde á continxencia de incapacidade temporal e o 0,44 por cento á de Incapacidade permanente, morte e supervivencia.
c) Por cese de actividade, o 0,7 por cento.
d) Por formación profesional, o 0,1 por cento.

3. Actualización da tarifa plana xeral de cotización, de tal xeito que durante os primeiros 12 meses se fixa en 60€ (se se cotiza pola base mínima) ou se reduce nun 80% no caso de cotizar por riba da dita base mínima.

Adicionalmente, se definen diversas casuísticas adicionais complementarias para:

a) Persoas traballadoras por conta propia agrarias

b) Persoas traballadoras por conta propia residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes

c) Mocidade menor de 30 anos en situación de nova alta

d) Mulleres menores de 35 anos

e) Persoas con discapacidade e vítimas de violencia de xénero

4. Adaptación do procedemento en caso de impago das cotas no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballos por conta propia ou autónomos.

5. Cambio nas reglas de afectación das contías do salario mínimo interprofesional aos convenios colectivos que o utilicen como referencia para determinar a contía ou o incremento do salario base.

6. Necesidade de optar por unha mutua colaboradora da Seguridade social para aqueles traballadores por conta propia incorporados ao réxime con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1998 e que tiveran optado inicialmente por unha entidade xestora.

A publicación completa está dispoñible neste enlace.

Adiconalmente, neste enlace se pode acceder a un resumo das principais medidas introducidas pola entrada en vigor do Real Decreto-Lei 28/2018 , de 28 de decembro de 2018, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego, en relación coas competencias exclusivas do Goberno de España en materia laboral e social.