Programa Cheques Dixitalización COVID-19


  • 18/06/2020
  • 30/09/2020
Accede desde aquí

IG300E - Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (Cheque Dixitalización COVID-19)

Data de publicación: 18 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 19 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 30 de setembro de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

  • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
  • Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
  • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
  • Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
  • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
  • Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
  • Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
  • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
  • Sistemas de balizas.
  • Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
  • Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
  • Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
  • Solucións de mellora da ciberseguridade.
  • De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.

Cada entidade poderá solicitar o programa Cheques de Dixitalización COVID-19 unha única vez

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

a) Microempresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa), que desenvolvan a súa actividade nalgún dos seguintes sectores:

i. Hostalaría e turismo – CNAE 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas e bebidas), 7711 (alugamento de automóbiles e vehículos de motor lixeiros), 7721 (alugamento de artigos de ocio e deportes), 79 (actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (actividades deportivas, recreativas e de entretemento).

ii. Comercio polo miúdo – CNAE 45 (venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).

iii. Transporte – Rama H da CNAE (transporte e almacenamento).

iv. Perrucaría e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros – CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (lavado e limpeza de pezas téxtiles e de pel), 9602 (perrucaría e outros tratamentos de beleza), 9603 (pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais n.c.n.).

v. Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (educación secundaria técnica y profesional) e 855 (outra educación).

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas os sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) núm. 104/2000 do Consello e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras.


Publicación boletín Ficha sede

Válido desde: 
Jueves, 18 Junio, 2020
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Septiembre, 2020