A EGAP e o ISSGA convocan unha nova edición dun curso de PRL para persoas traballadoras autónomas

DOG ven de publicar este venres 21 de agosto de 2020 unha nova convocatoria de tres edicions dun curso de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público, persoa traballadora por conta allea, persoa traballadora autónoma, empresaria e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Este novo curso é froito do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convocándose un curso en materia de prevención de riscos laborais en tres edicións:

• Código: CV20030. Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga. Este curso ten como obxectivo proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais. O curso impartirase en modo teleformación e conta cunha duración de 60 horas por edición e cun máximo de 75 prazas.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 24 de agosto e o 2 de setembro de 2020 e o curso se desenvolverá entre o 22 de setembro e o 20 de novembro de 2020.


Publicación DOG