Con independencia de que as persoas traballadoras autónomas poidan participar nas accións de formación dirixidas a persoas ocupadas planificadas pola Xunta de Galicia, como parte do desenvolvemento da Estratexia Autónomo 2020 tense planificado un programa de formación dirixido especificamente ao emprego autónomo que ten sido aprobado para o ano 2018.

Unha vez aprobado, desde esta páxina da Oficina Virtual do Emprego Autónomo podes acceder á relación completa dos cursos, coa posibilidade de solicitar a túa participación nos que resulten do teu interese.

Consulta periodicamente esta información e aproveita a posibilidade de potenciar o teu perfil competencial para mellorar os resultados do teu negocio.