Programa de recoñecementos médicos específicos para o emprego autónomo

O ISSGA ofréce ás persoas inscritas no réxime de traballadores autónomos en xeral e a persoas socias cooperativistas que teñan a condición de traballador autónomo, que coticen no RETA, incluídos as persoas inscritas no Sistema Especial de Traballadores Agrarios, a posibilidade de realizar un recoñecemento médico para favorecer a detección de enfermidades profesionais ou patoloxías laborais propias da súa actividade laboral.

Ás persoas interesadas se lles fai un recoñecemento médico, totalmente gratuíto, nos centros do ISSGA. Non hai data límite para solicitalo, é unha acción permanente ao longo de todo o ano.

Este exame médico consta de varias partes:

• Anamnese e historia clínica individualizada do traballador
• Historia laboral
• Exploración física específica
• Estudos complementarios:
   o Control - visión.
   o Tonometría.
   o Probas de funcionalismo pulmonar
   o Audiometría tonal liminar por vía aérea e ósea
   o Impedanciometría
   o Electrocardiograma
• Análise clínica:
   o Bioquímica
   o Hematoloxía e fórmula leucocitaria
   o Velocidade de sedimentación
   o Probas inmunológicas: PSA (a homes de 45 ou máis anos). Aos traballadores/as do sector agrario efectuaráselle a reacción antibrucela (Rosa de Bengala) e no caso de positividade, a seroaglutinación en tubo para brucela abortus
   o Análise de ourina
• Outras probas que sexan necesarias, a criterio do persoal médico e en función dos riscos do traballo
• Elaboración e envío dun informe médico coa impresión diagnóstica
• Recomendacións


No caso de interese, cada persoa traballadora deberá cumprimentar a solicitude e remitila ao Centro do ISSGA correspondente.

Máis información neste enlace