Aberto o prazo para solicitar a acreditación de competencias profesionais no 2018

O 10 de xaneiro de 2018 tense aberto o prazo para solicitar a participación no proceso de acreditación de competencias profesionais en Galicia para o ano 2018.

As bases do proceso e toda a infromación sobre as unidades de competencia que se convocan figuran na Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O prazo de solicitude manterase aberto ata o venres 2 de febreiro de 2018.

A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.

A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 

Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.

Máis información sobre esta convocatoria.