Convocadas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no 2018

Ven de publicarse, no DOG do xoves 15 de febreiro de 2018 a Orde pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018, contemplando os seguintes:

Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Prazos de solicitude

O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, cos seguintes prazos de solicitude:

Prazo ordinario:

- Solicitudes desde o 1 ata o 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Prazo extraordinario:

- Solicitudes desde o 2 ata o 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

Máis información sobre o procedemento e os requisitos para tomar parte del neste enlace ao texto completo da orde.

Compartir esta noticia