Premios á cooperación 2018

O pasado 19 de xaneiro se veñen de publicar as bases reguladoras dos premios á cooperación 2018 promovidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Os premios á cooperación teñen como obxectivo recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando polo desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia, incidindo nas categorías seguintes:

Premio aos valores cooperativos

Premio ao mellor proxecto cooperativo novo

Premio á traxectoria cooperativa

As solicitudes para participar haberanse de presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia neste enlace.

A entrega das distincións ás entidades gañadoras terá lugar no transcurso do acto público que se celebrará con motivo do Día do Cooperativismo Galego.

Cada un dos premios conta cunha contía de 5.000 €.

O prazo para presentar as candidaturas remata o 30 de abril.