Xornada sobre as novas formas de turismo vinculadas ao consumo de viños autóctonos

O 18 de abril, a partires das 9:30 desenvolverase en Cambados unha xornada sectorial sobre as novas tendencias de maridaxe entre o turismo e o viño, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do IGAPE

Xunto co Clúster Turismo de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza esta xornada sectorial, co obxectivo de dar a coñecer as tendencias e experencias para aproveitar a crecente demanda de novas fórmulas de viaxar nas que se interactúe cos viños autóctonos, dándolles un papel primordial na elección do lugar de destino e na potenciación do sector servizos no territorio.

O acto terá lugar no Museo do Viño de Cambados participando, entre outros, representantes das Bodegas Martín Codax, das empresas de viaxes Siente Galicia e Trazers, tendo tamén a oportunidade de coñecer outras experiencias na participación no programa Re-acciona do IGAPE.

Máis información neste enlace

 

Compartir esta noticia