Aberto o prazo para solicitar axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais

A axuda ven de publicarse no DOG do pasado 3 de xullo, conta cun orzamento total de 620.000 euros e está destinada para impulsar os investimentos na prevención de riscos laborais a través de investimentos en formación, en melloras de equipamentos e en adaptacións de postos de traballo.
Atendendo ao establecido na Axenda 20 para o Emprego, que ten entre os seus fins a consolidación dunha cultura preventiva na sociedade galega, así como cumprir cos obxectivos da Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017-2020, a Consellería de Economía, Emprego e Industria promove esta axuda, incorporando unha liña específica de fomento de renovación de equipamentos de traballo en que serán beneficiarias as medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas que conten con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social en Galicia
Conta con tres liñas de de subvención para levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia:
Liña 1. Formación e actividades de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial.
Liña 2. Formación e outras actividades de fomento en materia de prevención de riscos laborais de carácter sectorial.
Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo
En concreto, as persoas autónomas poderán ser beneficiarias desta liña de axudas a través desta última liña 3, cuxo límite será o 50% do custo subvencionable realizado, cun límite de 15.000 euros.

O prazo límite para solicitalas remata o vindeiro 3 de agosto de 2018.

Máis información neste enlace

Compartir esta noticia