Modelos de solicitude e comunicación relativos aos traballos con risco de exposición ao aminato en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan os procedementos e se aproban e se dá publicidade dos modelos de solicitude e comunicación relativos aos traballos con risco de exposición ao amianto en Galicia.

A autoridade laboral de Galicia, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, tramita determinados procedementos recollidos no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto. É o caso dos procedementos de alta, baixa e variación de datos no Rexistro de empresas con risco por amianto de Galicia e de aprobación de plans de traballo con risco por amianto, e recepción das comunicacións de inicio de traballo e das fichas para o rexistro dos datos da avaliación da exposición nos traballos con amianto.

Nesa liña, esta orde ten por obxecto regular os seguintes procedementos e aprobar e dar publicidade aos seus modelos normalizados, para a súa tramitación por medios electrónicos:

a) Rexistro de empresas con risco por amianto da Comunidade Autónoma de Galicia: alta, baixa e variación de datos (anexo I). Código do procedemento TR900A.

b) Aprobación de plans de traballo con risco por amianto (anexo III). Código do procedemento TR900B.

c) Inicio de traballo con risco por amianto (anexo IV). Código do procedemento TR900C.

d) Rexistro dos datos da avaliación da exposición nos traballos con amianto (anexo V). Código do procedemento TR900D

Todas as solicitudes e comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (ver enlaces anteriores).

Neste enlace se ten acceso á dita orde

Neste enlace se pode acceder á sección específica do amianto no portal do ISSGA.

Compartir esta noticia