Xornada técnica sobre o programa Reacciona TIC: Leva a túa empresa á 4ª revolución industrial

A Xunta organiza unha xornada técnica sobre o programa Reacciona TIC o próximo 5 de febreiro, a partir das 9.30 horas, en Santiago de Compostela, na sede do Igape (San Lázaro s/n), co obxecto de achegar ás empresas galegas as oportunidades e os retos relacionados coa transformación dixital e a Industria 4.0.
 
A vixente convocatoria de axudas do Reacciona TIC estará aberta ata o vindeiro 14 de febreiro. As solicitudes presentaranse de forma telemática na web do Igape.

Ao longo deste ano, activaranse en total catro edicións deste programa co obxectivo de facilitar servizos de modernización e innovación para incrementar a competitividade e a produtividade das pemes galegas.

Na xornada do día 5 de febreiro achegaranse as novidades e os casos de éxito dos tres servizos 4.0 do programa, con demostracións das posibilidades reais destas tecnoloxías.

Máis información

Inscrición

Compartir esta noticia