Aberto o prazo para a 6ª edición de ViaGalicia 2019

programa de aceleración de empresas e emprendedores ViaGalicia, promovido pola Xunta de Galicia e a Zona Franca de Vigo, vai dirixido a xente innovadora que queira sacar adiante a súa empresa, contando nesta 6ª edición coa finalidade de a acelerar 15 proxectos.

O orzamento desta nova edición de ViaGalicia alcanza os dous millóns de euros para poder prestar ás persoas emprendedoras seleccionadas formación, mentoring, titorización e espazos coworking e, ademais, financiamento para aquelas startups que cheguen á fase de aceleración.

Nesta edición, ViaGalicia contará con varias fases:

1 Período de presentación de proxectos: estará aberto ata o 1 de abril

2 Primeira selección de 80 proxectos entre as sedes de Vigo e Lugo

3 Participación Startup Day na que se seleccionarán ata 40 proxectos (20 por sede)

4 Fase de academia, cunha duración de 7 semanas: as persoas participantes recibirán formación sobre as ferramentas e coñecementos necesarios para mellorar o seu modelo de negocio e a comunicación da súa proposta de valor

5 DemoDay: as persoas emprendedoras seleccionadas defenderán o seu proxecto. Escolleranse un máximo de 15 plans que pasarán á fase de aceleración

6 Fase de aceleración: terá unha duración de 6 meses no Centro de Negocios Porto do Molle, en Nigrán

7 Investors Day: nesta xornada defenderán os seus proxectos ante as empresas, colaboradores e fondos de investimento

Máis información neste enlace

Compartir esta noticia