Publicado o RD-Lei 6/2019, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación

Este 7 de marzo de 2019 vense de publicar no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto-Lei 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, no que se inclúen diversas modificacións que afectan directamente á Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo autónomo.

En concreto, incide nos seguintes aspectos:

Conciliación da actividade profesional coa vida persoal e familiar

A asistencia e prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade

Períodos de descanso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento familiar

Suspensión do contrato de traballo por incapacidade temporal, nacemento, adopción e outros supostos

Extinción contractual por vontade do cliente por causas de interrupción da actividade

Prestacións económicas nas situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, nacemento e outras situacións

Bonificacións das cotas de Seguridade Social durante o descanso por nacemento, adopción e outos supostos

Bonificacións ás traballadoras autónomas que se incorporen ao trabajo en determinados supostos

O texto íntegro do dito Real-Decreto Lei se atopa no seguinte enlace

 

Compartir esta noticia