Suspensión de prazos para a tramitación dos procedementos

Segundo establece a disposición adicional 3ª do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e o o apartado 7º do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19:

"Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo."

Real Decreto Acordo Cecop


Para facilitar o seu acceso e poderse consultar en todo momento, a continuación se presentan os mapas xerais de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria e das entidades adscritas que poden ser de interese para o desenvolvemento do emprego autónomo.

Mapa de apoios ao emprego de Emprego Galicia para o 2020

Mapa de apoios do IGAPE para o ano 2020

Mapa de apoios á innovación da GAIN para o ano 2020

Mapa de apoios Comercio e Artesanía para o ano 2020

Mapa de apoios Enerxía - Inega para o ano 2020

Mapa de apoios Xera para o ano 2020

Ademais, se presenta a continuación a información sobre as diversas bonificacións e reduccións que ten o MInisterio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social tanto para as persoas traballadoras autónomas como para a contratación laboral por tipoloxia de contrato e de colectivo específico.

Liñas de bonificacións e reduccións á Seguridade Social 2020

Bonificacións contratación laboral

Liñas de bonificacións e reducións á Seguridade Social a persoas traballadoras autónomas 2020

Bonificacións e reducións

Liñas de financiamento para empresas, autónomos e emprendedores 2020 do ICO

Bonificacións á contratación