A Business Factory Auto (BFA) vén de abrir o prazo de presentación de proxectos para a súa quinta convocatoria.
Novas da oficina do autónomo
Novas liñas Reactiva Comercio e Reactiva Seguros: Aberto o prazo de presentación de solicitudes
26-06-20
A Xunta vén de activar as novas liñas de axudas Reactiva Comercio e Servizos Seguros, destinadas a destinadas a impulsar a reactivación dos sectores dos servizos, o comercio, o turismo e o transporte, apoiando a instalación de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e clientes.
Webinar “Mulleres protagonistas” o venres 26 de xuño
23-06-20
Este vindeiro venres 26 de xuño, a partires das 10:00 h, terá lugar o webinar aberto “Mulleres protagonistas”, no que diversas mulleres emprendedoras e autónomas relatarán as súas experiencias, e se realizará un debate coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López.
Novas liñas cheques de dixitalización e Galicia Exporta Dixital: Abertos os prazos de presentación de solicitudes
19-06-20
A Xunta activa, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), dúas novas liñas de apoio á dixitalización das pequenas e medianas empresas para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a reactivación do tecido produtivo galego.
HackatHome: Traballo en equipo para atopar solucións innovadoras a grandes retos
13-06-20
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza os vindeiros 27 a 30 de xuño o primeiro hackaton virtual para crear solucións innovadoras para adaptar o tecido empresarial galego á nova realidade.