O bono autónomo
O bono autónomo
Convocatoria 2020 xa pechada con éxito de solicitudes (máis de 8.000!)
O prazo estivo aberto entre 4 de febreiro e o 3 de marzo de 2020.
A finalidade é a de apoiar a persoas autónomas consolidadas que:
- Estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional,
- Teñan domicilio fiscal en Galicia,
- Teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e
- Teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2018.
Esta axuda concédese para mellorar a competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
Nesta convocatoria se contou novamente con dúas liñas de actuación:
Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos
- Investigación de mercado
- Plan de márketing
- Plan de comunicación do negocio
- Plan estratéxico do negocio
- Plan crecemento: constitución sociedade
- Plan de reorientación do negocio
- Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio
- Plan de refinanciamento
- Outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade
Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos
- Compra de maquinaria
- Compra de útiles e ferramentas
- Reforma do local do negocio
- Equipos informáticos
- Rótulos
- Mobiliario
- Aplicacións informáticas e páxinas web
- Creación logotipo do negocio
No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.
O prazo para a presentación de solicitudes xa está pechado, xa que nesta convocatoria do 2020 estivo aberto entre o 4 de febreiro e o 3 de marzo de 2020.