Plan de rescate para Persoas traballadoras autónomas

Este plan de rescate ten por obxecto a concesión de axudas para persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, como unha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. O prazo de execución da operación vai desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2020.

Máis información

Programa I - Microempresas

Este programa ten por obxecto apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e, excepcionalmente, as pemes que desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados pola COVID-19.

Máis información

Programa II - Hostalería

Este programa ten por obxecto apoiar as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme á normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Máis información no seguinte enlace:

Máis información

 

De conformidade coa ode 3 de decembro de 2020, pola que se establecen criterios interpretativos en relación ao Programa II - Hostalería, entenderase como semana completa a fracción desta cando a prohibición de apertura do establecemento ou peche perimetral do concello se deixase sen efecto mediante o establecido na Orde da Consellería de Sanidade, do 3 de decembro de 2020, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. No seguinte enlace se pode consultar a Orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

Criterios interpretativos