Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas


  • 27 Xuñ, 2017
Máis información

PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas na Comunidade Autónoma Galega.

Data de publicación: 20/05/2017

Data inicio de solicitude: 21/02/2017

Data fin solicitude: 29/09/2017

Obxecto:

Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Persoas beneficiarias:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.