Xestión de tesouraría no emprego autónomo


Descripción

Con este caderno preténdese achegar a xestión de tesouraría á actividade diaria dos autónomos e autónomas así coma os conceptos a ela asociados dun xeito sinxelo. O obxectivo último do caderno é facer fincapé na importancia que ten operar cun certo grao de planificación á hora de enfrontar os cobros e pagos que se teñen que facer durante o desenvolvemento dunha actividade empresarial. Neste sentido, tamén se incide na informatización da xestión dos negocios facendo especial fincapé nas solucións de software libre que abaratan, dun xeito considerable, a informatización do proceso de xestión.