Mapa de risco ergonómico de Galicia


Descripción

Dada a definición de mapa de riscos como un instrumento informativo que, mediante informacións descritivas e indicadores adecuados, permite coñecer as situacións de risco laboral e os traballadores expostos aos que afectan, neste sentido, o Mapa de Risco Ergonómico de Galicia busca analizar as situacións de risco asociado á carga física de traballo para a poboación traballadora galega, agrupando distintas actividades económicas e incluíndo a perspectiva de xénero.