Axudas pola contratación indefinida de persoas asalariadas


  • 29 Xuñ, 2017
Máis información

TR349F - Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Data de Publicación: 13/03/2017

Data inicio de solicitude: 14/03/2017

Data fin solicitude: 02/10/2017

Obxecto:

Fixar as bases reguladoras e convocar, para o ano 2017, os incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Persoas beneficiarias:

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.