Axudas para novos emprendedores cofinanciadas polo FEDER


Máis información

IG406F - Axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

- Prorrogado o prazo ata o vindeiro 30 de novembro -

Data de publicación: 12/05/2017

Data inicio de solicitude: 30/06/2017

Data fin de solicitude: 30/11/2017 (data inicial prorrogada: 29/09/2017)

Obxecto:

Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25 % do capital dunha sociedade mercantil.

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude).