Bonificación dos custes de financiamento para préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €


  • 28 Xul, 2017
Máis información

IG510H - Axudas para a bonificación dos custes do financiamento dos autónomos, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € (Liña Microcréditos).

Data de publicación: 27/07/2017

Data inicio de solicitude: 28/07/2017

Data fin solicitude: 31/10/2017

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das microempresas e persoas autónomas (procedemento IG510H)

Características dos proxectos a financiar

a) Activos fixos produtivos novos ou de segunda man (IVE incluído).
b) Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismo, cun prezo máximo de 30.000 € máis IVE.
c) Adquisición de empresas: adquisición dunha unidade produtiva (conxunto de medios organizados que poidan levar a cabo unha actividade económica) ou das participacións sociais necesarias para obter o control sobre o negocio adquirido.
d) Liquidez co límite do 50 % do financiamento.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa, incluídos os autónomos. Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:
a) Que teña menos de 10 traballadores.
b) Que teña unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
c) Que cumpra o criterio de independencia.