Bono das persoas autónomas


  • 01 Ago, 2017
Máis información

TR341Q - Bono das persoas autónomas

Data de publicación: 31/07/2017

Data inicio de solicitude: 01/08/2017

Data fin solicitude: 31/08/2017

Obxecto:

Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2017, das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos:

Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.

Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.

Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.

Persoas beneficiarias:

As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.