Subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo de persoas mozas inscritas no SNGX


  • 04 Ago, 2017
Máis información

TR341J - Subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo de persoas mozas inscritas no SNGX (Programa I - Emprego autónomo)

Data de publicación: 04/08/2017

Data inicio de solicitude: 05/08/2017

Data fin solicitude: 02/10/2017

Obxecto:

Establecer o procedemento de subvención, cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, dentro do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX), para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX).

O obxecto deste Programa I é axudar a financiar aqueles proxectos empresariais con viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas mozas desempregadas que figuren inscritas no SNGX como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Esta axuda destinarase a facilitarlle ás persoas mozas uns ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establecéndose unha contía base de 4.000 € que pode chegar ata 8.000 € segundo os casos, para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias.

Persoas beneficiarias:

As persoas novas inscritas no SNGX que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia e que reunan os requisitos especificados na presente Orde.