Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral


  • 11 Ago, 2017

TR349A e TR349D- Incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral

Data de publicación: 11/08/2017

Data inicio de solicitude: 12/08/2017

Data fin solicitude: 02/10/2017

Obxecto:

Fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2017 coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral (procedementos TR349A e TR349D).

O obxecto do Programa I (TR349A) é o de achegar un conxunto de incentivos á contratación indefinida inicial. Enlace á sede electrónica aquí

O obxecto do Programa II (TR349D) é o de achegar un conxunto de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social. Enlace á sede electrónica aquí

Esta axuda destinarase a promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral, incidindo tamén na promoción da inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación a través da inclusión activa.

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destes incentivos as persoas empregegadoras (incluídas as persoas autónomas) e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten e que contraten persoas traballadoras por conta allea, tal e como se establece na presente Orde.