Axuda para proxectos de investimento en actividades non agrícolas


  • 30/01/2018
  • 28/02/2018
Máis información

MR708B - Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas.

Data de publicación: 29/01/2018

Data inicio de solicitude: 30/01/2018

Data fin solicitude: 28/02/2018

Obxecto

Promover axudas xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de equipamentos produtivos e á execución de obras necesarias para a súa instalación, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.

Características da axuda

Subvencións directas de capital

Entre outras, poden ser beneficiarias as persoas físicas que residan nunha zona rural e que estén suxeitas ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido dende: 
martes, 30 Xaneiro, 2018
Válido ate: 
mércores, 28 Febreiro, 2018