Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo


  • 27/01/2018
  • 01/10/2018
Máis información

TR341D - Programa I: Promoción do emprego autónomo (2018).

Data de publicación: 26/01/2018

Data inicio de solicitude: 27/01/2018

Data fin solicitude: 01/10/2018

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas aos proxectos dirixidos á creación de emprego autónomo para que, aquelas persoas desempregadas que busquen desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas, poidan facer fronte aos distintos gastos orixinados no inicio da dita actividade profesional.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido dende os 2.000 € aos 8.000 € segundo a tipoloxía da persoa solicitante.

Persoas beneficiarias

Todas aquelas persoas que causen alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou noutro réxime expecial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro do 2018, atendendo ao establecido no artigo 19 das bases da convocatoria.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido dende: 
sábado, 27 Xaneiro, 2018
Válido ate: 
luns, 1 Outubro, 2018