Programa II de axudas ao emprego autónomo para a contratación de persoal


Máis información

TR349F - Programa II: Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (2018).

Data de publicación: 26/01/2018

Data inicio de solicitude: 27/01/2018

Data fin solicitude: 30/09/2018

Obxecto

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar, para o ano 2018, os incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Características da axuda

As axudas poderán ir desde os 3.000 € ata un máximo de 10.000 € para a primeira persoa traballadora indefinida ou 14.000 € para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida, en ambos casos segundo a tipoloxía da persoa a contratar.

Persoas beneficiarias

As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade, así como as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG