Axudas para o programa responsabilízate (2ª edición)


  • 14/02/2018
  • 30/06/2018
Máis información

TR320B - Participación no programa Responsabilizate

Data de publicación: 13/02/2018

Data inicio de solicitude: 14/02/2018

Data fin de solicitude: ata acadar o número máximo de prazas

NOTA:

Unha vez cuberto o número máximo de prazas será comunicado a través de https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia

Obxecto

Establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (TR320B).

Características da axuda

Acceder aos servizos incluídos dentro do programa:

1º. Unha diagnose ou análise do estado e potencial da Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Para esta diagnose e análise, utilizarase a plataforma software XUNTA PRO-RSE e consistirá en analizar a situación da empresa seleccionada desde o punto de vista da RSE. 

2º. Un programa de formación, no que se tratarán aspectos referidos á sensibilización, grupos de interese e ferramentas de xestión existentes no contexto da RSE. 

3º. Plan de implantación: a cada empresa participante, unha vez realizados e superados os servizos anteriores e que expresamente manifeste continuar no Programa, elaboraráselle un Plan de RSE específico que finalizará coa implantación das primeiras accións do dito plan.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia. Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.

b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.

c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.

Neste enlace pode accederse ao texto íntegro da resolución publicada no DOG.

Válido dende: 
mércores, 14 Febreiro, 2018
Válido ate: 
sábado, 30 Xuño, 2018