Axudas aos plans de restruturación e reconversión da viña en Galicia


  • 16/04/2018
  • 16/05/2018
Máis información

MR446A - Axudas aos plans de restruturación e reconversión da viña en Galicia

Data de publicación: 16/04/2018

Data inicio de solicitude: 17/04/2018

Data fin de solicitude: 16/05/2018

Obxecto

Estas axudas céntranse en apoiar a aplicación nas viñas da Comunidade Autónoma de Galicia das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español (destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación) . (Código MR446A).

Características da axuda

Estas axudas teñen como obxectivo axudar a levar a cabo plans de reestructuración e reconversión de viñas, podendo conter operacións anuais e / ou bianuais e individuais ou colectivos (cun mínimo de 5 persoas viticultoras)

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación e os futuros viticultores segundo o establecido no marco do Programa nacional de apoio ao sector vitivinícola 2019-2023 (PASVE 2019-2023).

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG.

Válido dende: 
luns, 16 Abril, 2018
Válido ate: 
mércores, 16 Maio, 2018