Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma


  • 16/05/2018
  • 30/10/2018
Accede dende aquí

TR341R- Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma

Data de publicación: 15/05/2018

Data inicio de solicitude: 16/05/2018

Data fin de solicitude: 30/10/2018

Obxecto

Fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral. Mediante a presente axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación durante dezaseis (16) semanas máis para a contratación dunha persoa, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

Características da axuda

Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma, unha vez rematada a súa baixa por maternidade ou paternidade, sempre que aquela se realice entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

O importe da subvención para compensar esta contratación será do 100 % da cota empresarial da Seguridade Social, incluída a de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de dezaseis (16) semanas.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos que teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que, no prazo dos quince (15) días seguintes ao da súa finalización, contraten unha persoa traballadora por conta allea.

Tamén poderán ser beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios.

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da orde.

Válido dende: 
mércores, 16 Maio, 2018
Válido ate: 
martes, 30 Outubro, 2018