Axudas á dixitalización Industria 4.0


  • 19/07/2018
  • 21/09/2018
Máis información

IG240 -  Axudas á dixitalización Industria 4.0 - 2018 - Ampliación prazo

Data de publicación: 28 de decembro de 2017

Data de inicio solicitude: 29 de decembro de 2017

Data de remate solicitude (ampliación do prazo publicado o 17 de xullo de 2018): 21 de setembro de 2018

Obxecto

O programa busca axudar á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa o soporte de procesos sectoriais multiempresa, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor e outros que impliquen necesariamente a interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas..

Características da axuda

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.

b) Proxectos individuais nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto: 

1º Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.

2º Implementación de sistemas especificamente no ámbito da produción e loxística encamiñados á dixitalización de procesos, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados mediante sensórica. 

3º Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos.

Os proxectos da modalidade a) terán preferencia sobre os da modalidade b).

Persoas beneficiarias

Entre outras, poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou persoas autónomas e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste outro enlace podes consultar a ampliación de prazo recén publicada.

Válido dende: 
xoves, 19 Xullo, 2018
Válido ate: 
venres, 21 Setembro, 2018