Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo - PDR - LEADER - 2019


  • 26/12/2018
  • 31/12/2019
Máis información

MR701D - Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo - PDR - LEADER (2019)

Data de publicación: 26/12/2018

Data inicio de solicitude: 27/12/2018

Data fin solicitude: 31/12/2019

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2019 e 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR, Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local.

Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que aprobou o Consello de Dirección da Agader, mediante o Acordo do 29 de decembro de 2016, e que se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Agader do 29 de decembro de 2016 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2017)

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

As axudas terán como finalidade realizar investimento en:

  • a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. 
  • b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables. 
  • c) A adquisición de maquinaria e equipamento novos. 
  • d) Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos e publicacións. 
  • e) Custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade. Os custos xerais descritos nesta epígrafe non poderán superar o 12 % do custo total subvencionable das operacións de investimento a que estean vinculados. 
  • f) Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas. 
  • g) Medios e equipos de transporte. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as personas físicas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido dende: 
mércores, 26 Decembro, 2018
Válido ate: 
martes, 31 Decembro, 2019