Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas) - 2019


  • 07/01/2019
  • 07/03/2019
Tramita dende aquí

IG622A - Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas) (2019)

Data de publicación: 07/01/2019

Data inicio de solicitude: 08/01/2019

Data fin solicitude: 07/03/2019

Obxecto

As bases regulan as axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), e convocar para o exercicio 2019 as ditas axudas, en réxime de concorrencia competitiva.

Características da axuda

Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións (procedemento IG622A):

a) Accións de difusión:
a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión ou outros medios incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
a.2) Uso de plataformas de promoción en liña para mercados estranxeiros.
a.3) Creación de aplicación de e-commerce para mercados internacionais (tenda en liña).

b) Accións de promoción:
Participación en feiras ou outros eventos expositivos organizados por terceiros que se celebren no estranxeiro.
Incluense tamén aqueles eventos deste tipo que, organizados por terceiros en España –fóra da Comunidade Autónoma de Galicia–, estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2019 ou 2020 no Boletín Oficial del Estado (en edicións que se celebren dentro do prazo de execución destas bases).
Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos, para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor no evento.

c) Accións de prospección en mercados internacionais:
c.1) Axendas de reunións. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada en el DOG

Válido dende: 
luns, 7 Xaneiro, 2019
Válido ate: 
xoves, 7 Marzo, 2019