Subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas - 2019


  • 28/01/2019
  • 28/02/2019
Máis información

MR708B - Subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas - 2019

Data de publicación: 28/01/2019

Data inicio de solicitude: 29/01/2019

Data fin solicitude: 28/02/2018

Obxecto

Promover axudas xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de equipamentos novos, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.

Características da axuda

Subvencións directas de capital para proxectos destinados á ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos sectores e ámbitos de actividade definidos na resolución.

Persoas beneficiarias

Entre outras, poden ser beneficiarias as persoas físicas que residan nunha zona rural e que estén suxeitas ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2018.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido dende: 
luns, 28 Xaneiro, 2019
Válido ate: 
xoves, 28 Febreiro, 2019