Axudas para proxectos do Programa Empleaverde - 2019


  • 04/02/2019
  • 30/04/2019
Máis información

437146 - Axudas para a realización de proxectos do Programa Empleaverde (2019)

Data de publicación: 04/02/2019

Data inicio de solicitude: 05/02/2019

Data fin solicitude: 30/04/2019

Obxecto

As bases regulan as axudas da Fundación Biodiversidad, en réxime de concorrencia competitiva, do Programa Empleaverde, no marco do seu labor como Organismo Intermedio do FSE, do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE).

O Programa Empleaverde é a iniciativa para a mellora do emprego e o medio ambiente. O seu obxectivo é crear emprego, aumentar as competencias e a cualificación dos traballadores e apoiar a creación e consolidación de empresas na economía verde e azul, tendo como destinatarios das accións as persoas desempregadas, traballadoras e emprendedoras.

Características da axuda

Estas axudas céntranse na consecución dos obxectivos establecidos nas prioridades de investimento 8.1, 8.3 e 8.5 do POEFE no marco do Eixo 1 «Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral», do Eixo 6 «Innovación Social» e do Eixo 7 «Cooperación Transnacional»:

  • Prioridade de Investimento 8.1: Facilitar o acceso ao emprego aos demandantes de emprego e persoas inactivas, incluídos os desempregados de longa duración e persoas afastadas do mercado laboral, así como as iniciativas de emprego locais e o fomento da mobilidade laboral.
  • Prioridade de Investimento 8.3: Promover o traballo por conta propia, o espírito emprendedor e a creación de empresas, incluídas a microempresas e as pequenas e medianas empresas innovadoras.
  • Prioridade de Investimento 8.5: Promover a adaptación dos traballadores, as empresas e o empresariado ao cambio

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no BOE

Válido dende: 
luns, 4 Febreiro, 2019
Válido ate: 
martes, 30 Abril, 2019