Subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria - 2019


  • 15/02/2019
  • 31/05/2019
Máis información

IN421L - Subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria (2019)

Data de publicación: 15/02/2019

Data inicio de solicitude: 25/02/2019

Data fin solicitude: 31/05/2019

Obxecto

As bases regulan as subvencións para instalar equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos na mesma.

Características da axuda

Con carácter xeral, serán proxectos subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para fomentar a produción procedente de fontes renovables e, nos proxectos de aforro e eficiencia enerxética os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria (actividades incluídas entre as clases da 1.11 á .02.40 do CNAE 2009, ambas incluídas)

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Válido dende: 
venres, 15 Febreiro, 2019
Válido ate: 
venres, 31 Maio, 2019