Axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade no 2019


  • 11/04/2019
  • 13/05/2019
Tramita dende aquí

Código BDNS 448866 - Axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividad (2019)

Data de publicación: 11/04/2019

Data inicio de solicitude: 12/04/2019

Data fin solicitude: 13/05/2019

Obxecto

A publicación regula as axudas para fomentar o abandono da profesión dos transportistas de idade avanzada do sector do transporte público por estrada.

Características da axuda

As axudas outorgaranse de acordo coas consignacións orzamentarias dispoñibles. As contías para cada beneficiario serán as seguintes:

a) Se o beneficiario tivese unha idade inferior a sesenta e cinco anos, 5.300 euros por cada seis meses completos que lle falten para cumprir a idade de sesenta e cinco anos. O cómputo dos semestres completos farase a partir do 1 de xuño. As persoas beneficiarias ás que se declarou incapacidade permanente absoluta ou total para o desempeño da profesión habitual de transportista non percibirán cantidade algunha por este concepto, con independencia da súa idade.

b) Pola autorización ou autorizacións de transporte público das que fose titular, 30.000 euros.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas transportistas por estrada que cumpran cos seguintes requirimentos:

a) Ter unha idade superior ou igual a cincuenta e oito anos ou serlle declarada unha incapacidade permanente absoluta ou total para o desempeño da profesión habitual de transportista.

b) Ser titular, no momento da solicitude dunha autorización vixente de transporte público de mercadorías ou de viaxeiros en autobús cun máximo de tres copias, ou ben simultaneamente de ambas as autorizacións cun máximo total de tres copias. En ningún caso considerarase vixente unha autorización que non tivese, polo menos, unha copia en vigor.

c) Ser titular, de forma ininterrompida durante os dez últimos anos, dunha das autorizacións contempladas no apartado anterior, cun máximo de tres copias, ou ben de ambas as dúas igualmente cun máximo total de tres copias. A dita autorización non pode ter estado suspendida en ningún momento, contando con polo menos unha copia en vigor.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no BOE

Válido dende: 
xoves, 11 Abril, 2019
Válido ate: 
luns, 13 Maio, 2019