Axudas Injuve para a Creación Joven - 2020


  • 12/06/2020
  • 10/07/2020

509586 -  Axudas Injuve para a creación Joven - 2020

Data de publicación: 12 de xuño de 2020

Data de inicio solicitude: 15 de xuño de 2020

Data de remate solicitude: 10 de xullo de 2020

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas a persoas mozas creadoras dun máximo de 30 ou 35 anos de idade (en función da liña de actuación) para proxectos a desenvolver durante o 2021 en ámbitos como as artes visuais, escénicas, musicais, literarias, deseño, cómic e ilustración.

Características da axuda

Os proxectos presentados con proxección supraautonómica, naiconal ou internacional, deberán incluírse, entre outras, nunha destas liñas de actuación:

  • Produción de obra: realización de proxectos artísticos con libertade de formato e técnica (18 a 30 anos), ata 5.000 €.
  • Mobilidade de obra producida e/ou mobilidade de creadores en espazos especializados, xiras ou residencias (excepto estudos regrados) en ámbito nacional e internacional (18 a 30 anos), ata 5.000€.
  • Emprendemento para a creación mozo: desenvolvemento de proxectos de emprendemento cultural coa finalidade de iniciar unha actividade ou manter unha de recente creación no ámbito nacional ou internacional (18 a 35 anos), ata 10.000 €.
  • Sala Amadís do Instituto da Xuventude

Persoas beneficiarias

Persoas físicas e xurídicas, maiores de idade, de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Producción de obra e Mobilidad de obra producida e/ou creadores, ou os 35 anos nos supostos de Emprendemento para a creación emerxente e Sala Amadís do Instituto da Xuventude, o día 31 de decembro do 2020, e que se atopen na situación que fundamente a concesión das axudas, sempre que cumpran os requirimentos establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións..


Publicación Boletín Ficha sede

Válido dende: 
venres, 12 Xuño, 2020
Válido ate: 
venres, 10 Xullo, 2020