Tal e como establecen as bases reguladoras, entre a documentación a presentar para a axuda económica do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas (Código de procedemento TR341S) se atopa o formulario de inscrición a través desta Oficina do Autónomo. Para obtelo, sigua os pasos seguintes:

1. Entre na zona de acceso privado desta Oficina do Autónomo

Acceda á zona privada desta oficina do autónomo coa súa conta de usuario neste enlace. Se aínda non dispón dunha conta,  pode rexistrarse neste enlace.

2. Cubra o formulario correspondente

Segundo o seu interese no Programa de remuda xeracional, cubra o formulario que corresponda:

Unha vez que envíe o formulario, recibirá un correo de confirmación cos seus datos e, nun correo posterior, a copia do documento de inscrición en formato pdf.

3. Insira o documento de inscrición na súa solicitude

Por último, xa dentro da sede electrónica, insira este documento pdf de inscrición na súa solicitude.


Consulte aquí o texto íntegro da orde.

Acceda desde aquí ao procedemento TR341S na Sede Electrónica.


Importante:

Teña en conta que só se admite unha inscrición por persona usuaria e por correo electrónico (non se permite o mesmo correo electrónico para dúas inscricións)./p>

Lembre que, se posteriormente desexa darse de baixa, debe facelo presentando unha solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento PR004A dirixido ao Servizo de Emprego Autónomo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou á Secretaría Xeral de Emprego.

Se ten calquera dúbida ou incidencia durante o seu proceso de rexistro ou inscrición, pode contactar con nós no enderezo de correo admin@oficinadoautonomo.gal.gal