Aberta a convocatoria da 7ª edición ViaGalicia 2022 de aceleradora de empresas e persoas emprendedoras

A aceleradora de empresas e persoas emprendedoras ViaGalicia, promovida pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, abre a 7ª edición da convocatoria para presentar un proxecto ou idea de negocio para proxectos innovadores de calquera sector produtivo, cun programa conducido por un equipo de expertos, que combina formación, mentoring e financiamento.

O prazo estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2023.

Nesta 7ª Edición habilitaranse dúas sedes en Vigo e en Lugo ata a fase de aceleración, que se celebrará de forma conxunta nas instalacións do Centro de Negocios de Porto do Molle en Nigrán.

Trátase dun Programa de Alto Rendemento que combina, baixo a supervisión dun equipo de expertos: formación, tutorización, asesoramento especializado, mentoring, espazo de traballo e financiamento, co fin de poder validar as propostas, arrincar e acelerar as iniciativas empresariais que participan nel.

Ao longo deste Programa, avalíanse os progresos dos equipos participantes coa finalidade de que os mellores proxectos sexan presentados a investidores e socios industriais. Trátase de elixir ben as ideas, pero sobre todo pon a súa atención nos equipos e o seu compromiso, apostando pola colaboración multidisciplinar entre persoas e tamén entre proxectos.


Máis información