Kit Digital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento II - 2022


  • 02/09/2022
  • 02/09/2023
Accede dende aquí

Programa Kit Digital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento II - 2022

Data de publicación: 02 de agosto de 2022

Data de inicio solicitude: 02 de setembro de 2022

Data de remate solicitude: 02 de setembro de 2023

Obxecto

As subvencións reguladas e convocadas por esta resolución teñen por obxecto promover a mellora da competitividade e o nivel de madurez dixital das empresas e persoas en situación de autoemprego comprendidas no Segmento II, seleccionando, en réxime de concesión directa, os beneficiarios das axudas mediante un procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 62 da Real Decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro, aplicando o criterio establecido no artigo 16 das Bases Reguladoras e conforme ao disposto no apartado sexto da Convocatoria.

Características da axuda

As axudas desta convocatoria teñen a consideración de subvención directa e consistirán en disposiciones dinerarias destinadas a financiar a adopción dunha ou varias solucións de dixitalización das dispoñibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa Kit Digital recollido na plataforma Acelera pyme.

Poderán destinarse asimesmo estas axudas á adopción de solucións de dixitalización cuxo fin sexa substituír ás solucións ya adoptadas polo beneficiaria, sempre que supoñan unha mellora funcional. Haberá mellora funcional cando concurran as seguintes circunstancias:

• Que a solución de dixitalización sexa completamente nova e cumpra todos os requisitos mínimos da categoría á que pertenza, conforme ao Anexo IV das Bases Reguladoras.

• e que a solución a substituir non cumpra algún dos requisitos mínimos esixidos na mesma categoría de solución de dixitalización correspondente. 

E non haberá mellora funcional cando se trate de: 

• O desenvolvemento, progreso, aumento ou enriquecemento dos servizos e funcionalidades da solución existente. 

• A actualización de versións de software polo provedor, esto é, releases que o provedor publique sobre unha versión existente.

• Upgrades ou mellora de versións. 

O beneficiario deberá empregar a axuda concedida, cuxo dereito de cobro se denomina «bono digital», na contratación dunha ou varias solucións de dixitalización formalizando para elo Acordos de Prestación de Solucións de Dixitalización cos Axentes Dixitalizadores Adheridos. Este «bono digital» non poderá facerse efectivo ata que o Axente Dixitalizador, en nome do beneficiario e sendo este o responsable último, presente a correspondiente conta xustificativa da realización da actividade para a que se concede a subvención e o órgano concedente considere xustificada a subvención.

O importe máximo de axuda por beneficiario será de seis mil euros (6.000 €)

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas (segundo o establecido no Anexo I do Regulamento (UE)  n.º 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado) e persoas en situación de autoemprego, cuxo domicilio fiscal estea situado en territorio español, comprendidas no Segmento II (Pequenas empresas entre 3 e menos de 10 persoas empregadas) que cumpran cos requisitos establecidos nos artigos 7 e 8 das Bases Reguladoras.


Publicación BOE

Ficha informativa sede electrónica

Bases reguladoras

Modificación bases reguladoras

Válido dende: 
venres, 2 Setembro, 2022
Válido ate: 
sábado, 2 Setembro, 2023