Preguntas máis frecuentes

Con esta sección se busca dar unha visión más específica e concreta sobre aspectos de interese para as persoas afiliadas ó Réxime Especial dos Traballadores por conta propia ou Autónomos (RETA) que permitan resolver dúbidas esenciais en distintos ámbitos.

En todo caso, para unha información máis completa e precisa, se recomenda revisar a normativa de aplicación en cada caso.

Entre as principais obrigas en materia de PRL que ten o emprego autónomo no caso de contar con persoas traballadoras ao cargo, se atopan as seguintes:

  • Integrar a prevención no sistema xeral de xestión da empresa mediante a implantación e aplicación dun plan de prevención.
  • Realizar a avaliación dos riscos que non puideron ser evitados ou eliminados e planificar a actividade preventiva a partir da dita avaliación.
  • Cumprir os deberes de información, consulta e participación do persoal.
  • Levar a cabo unha axeitada vixilancia da saúde do persoal.
  • En todo caso, se asumen todas as obrigas que fixa a lexislación para o empresariado con respecto ao persoal.

De manera sintética, as continxencias en materia de PRL se engloban en dous grupos:

  • Continxencias comúns. Engloban aquelas situación que poden sobrevira o persoal, impedíndolle traballar e que non están relacionadas coa actividade profesional (conocidas comúnmente como enfermidade común ou accidente non laboral).
  • Continxencias profesionais. Engloban aquelas situación de enfermidade ou accidente que poidan sobrevira o persoal, impedíndolle traballar e que foran causadas ou agravadas pola actividade profesional (coñecidas comúnmente como accidentes de traballo ou enfermidade profesional).

Entre os principais dereitos que ten o emprego autónomo en materia de Prevención de Riscos Laborais (PRL) se atopan os seguintes:

  • Á integridade física e a unha protección axeitada da seguridade e a saúde no traballo.
  • A interromper a actividade e abandonar o lugar de traballo en caso de risco grave e inminente para a vida ou a saúde.
  • A recibir a información e instrucións adecuadas aos riscos existentes cando desenvolvan actividades nun centro de traballo alleo.
  • A recibir a información necesaria para manipular sen riscos a maquinaria, equipos, produtos, materias primas e útiles de traballo facilitados pola empresa para realizar a actividade fóra do centro de traballo desta.

Entre as principais obrigas que ten o emprego autónomo en materia de Prevención de Riscos Laborais (PRL) se atopan as seguintes:

  • No caso de concorrir nun mesmo centro de traballo con outras persoas traballadoras, cumprirase cos deberes de cooperación, información e instrución.
  • Informar sobre os riscos específicos que poidan afectar aos traballadores e ás traballadoras doutras empresas, en particular os que poidan agravarse ou modificarse pola concorrencia.
  • Ante riscos graves ou moi graves, facilitar a información por escrito.
  • Comunicar de inmediato toda situación de emerxencia susceptible de afectar á saúde ou á seguridade do persoal.
  • Cumprir as instrucións sobre prevención de riscos dadas polo empresariado titular do centro de traballo.

Son 5 os pasos que tes que dar para darte de alta no emprego autónomo en Galicia. Consulta neste apartado da Oficina Virtual a información completa, cos enlaces á información e á documentación requirida en cada un dos pasos, cos seus correspondentes trámites.

Podes capitalizar a prestación e, en determinados supostos, poderás compatibilizala co desenvolvemento da túa actividade no emprego autónomo, pero ambas opcións (capitalización e compatibilización) son excluíntes entre si.

Se decides capitalizar a prestación (podería chegar ao 100% da cantidade que teñas pendente de cobro) terás que decidir se os cartos os dedicas a pagar as túas cotas da Seguridade Social, ou a pagar investimentos relacionados directamente coa actividade. Tamén poderás destinar ata o 15% da contía do pago único a pagar servizos específicos de asesoramento, formación e información relacionados coa actividade a emprender.

Se decides compatibilizar a prestación, poderás seguir cobrando unha parte da prestación contributiva por desemprego durante os primeiros nove meses de actividade (ou o tempo inferior que che quede por percibir), para asegurar uns certos ingresos ao iniciarte no emprego autónomo.

No caso de compatibilizar, se a duración da túa prestación é superior a 9 meses, a parte restante poderías recuperala en sucesivos episodios de desemprego, sempre que cumpras determinadas condicións.

As persoas traballadoras por conta propia ou autónomas poden cambiar a súa base de cotización ata seis veces ao ano, con efectos nas seguintes datas:

  • 1 de marzo, se a solicitude se formula entre o 1 de xaneiro e o último día natural do mes de febreiro.
  • 1 de maio, se a solicitude se formula entre o 1 de marzo e o 30 de abril.
  • 1 de xullo, se a solicitude se formula entre o 1 de maio e o 30 de xuño.
  • 1 de setembro, se a solicitude se formula entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.
  • 1 de novembro, se a solicitude se formula entre o 1 de setembro e o 31 de outubro.
  • 1 de xaneiro do ano seguinte, se a solicitude se formula entre o 1 de novembro e o 31 de decembro.
A solicitude de cambio de base pode realizarse no servizo Base de cotización e rendementos dispoñible no Portal da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou no Sistema RED se se dispón dun autorizado RED. Xunto coa solicitude de cambio de base deberanse declarar os rendementos netos mensuais esperados.
Consulta a información actualizada na web da Seguridade Social.

Non, a figura da media xornada non se contempla no réxime autónomo.

Como gasto fixo cada mes terás que asumir o pago da cota da Seguridade Social, en función da base de cotización que teñas elixido ao darte de alta, ou das modificacións posteriores da mesma.

No entanto, se inicias por primeira vez a túa actividade no réxime autónomo poderías beneficiarte da tarifa plana de 80 euros durante os primeiros 12 meses de actividade (24 en caso de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo) e posteriormente, en determinados casos, a aplicación dunha cota reducida por un período que pode variar entre os 12 e os 36 meses.

E como gastos variables en función das cantidades facturadas e os beneficios obtidos, con carácter xeral terás que liquidar cada trimestre o IVE e o IRPF.

Durante o período 2023-2025, as persoas que causen alta inicial no Réxime de autónomos poderán solicitar a aplicación dunha cota reducida (tarifa plana) de 80 euros mensuais durante os primeiros 12 meses de actividade. A solicitude realizarase no momento de tramitar a alta.

Poderán beneficiarse destas condicións as persoas autónomas que non estivesen dadas de alta nos dous anos inmediatamente anteriores á data de efecto da nova alta, ou ben tres anos, en caso de gozar previamente desta dedución.

Transcorrido eses doce primeiros meses, poderá tamén aplicarse unha cota reducida durante os seguintes doce meses a aquelas persoas traballadoras por conta propia que prevexan que os seus rendementos económicos netos anuais vaian ser inferiores ao salario mínimo interprofesional anual que corresponda a ese período e así o soliciten no servizo que a Seguridade Social ten habilitado na súa aplicación Importass.

Ademais, as persoas autónomas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo, poderán solicitar a aplicación, no momento do alta, dunha cota reducida de 80 euros durante os primeiros 24 meses.

Así mesmo, finalizado este período, se o seu rendemento neto previsto fose igual ou inferior ao Salario Mínimo Interprofesional, poderán solicitar, a través do servizo que a Seguridade Social ten habilitado na súa aplicación Importass, a aplicación desta cota reducida durante os seguintes 36 meses, por importe de 160 euros.

Todas as solicitudes de ampliación deberán acompañarse dunha declaración relativa a que os rendementos netos que se prevén obter van ser inferiores ao salario mínimo profesional vixente.

As reducións na cotización previstas nos parágrafos anteriores non resultarán aplicables aos familiares de traballadores autónomos por consanguinidad ou afinidade ata o segundo grao inclusive e, no seu caso, por adopción, que se incorporen ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

As persoas traballadoras por conta propia que gocen destes beneficios poderán renunciar en calquera momento expresamente á súa aplicación con efectos a partir do día primeiro do mes seguinte ao da comunicación da renuncia correspondente. Esta solicitude tamén se poderá realizar a través do servizo que a Seguridade Social ten habilitado na súa aplicación Importass.

As persoas traballadoras autónomas que a 31 de decembro de 2022 fosen beneficiarias da antiga tarifa plana, continuarán gozando da mesma ata que se esgote o período máximo establecido, nas mesmas condicións.

Legalmente si é posible facelo. A única limitación ao respecto podería vir pola existencia de incompatibilidades ou pactos en contrario no contrato de traballo asinado por conta allea (por cuestións relacionadas con facerlle a competencia á empresa para a que se está a traballar por conta allea, por exemplo).

Neste caso, se vas compaxinar o teu traballo por conta allea co traballo autónomo, ao darte de alta no RETA debes comunicar a túa situación a efectos do cálculo da túa cotización por incapacidade temporal.

Por suposto.

Dentro das súas competencias en materia de políticas activas de emprego e de desenvolvemento económico, a Xunta de Galicia dispón de axudas específicas para persoas traballadoras autónomas e, ademais, contempla a posibilidade de que poidan participar en moitas outras axudas destinadas principalmente a pequenas empresas, nas que o emprego autónomo tamén ten cabida.

Igualmente, hai outras entidades a nivel estatal que tamén apoian ou impulsan a actividade das persoas traballadoras autónomas dentro da súa liña de actividades e competencias.

En calquera caso, consulta a sección de axudas da Oficina Virtual do Autónomo para más información sobre estas axudas.

Si é posible, e para facelo debes declaralo ao darte de alta na Axencia Tributaria (no modelo 037), especificando os metros cadrados que vas destinar á túa actividade e que porcentaxe representa con respecto ao total da vivenda. Empregando esta porcentaxe poderás desgravar determinados gastos (electricidade, Internet...).

As persoas traballadoras por conta propia poderán ser beneficiarias da axuda por nacemento e coidado de menor, calquera que sexa o seu sexo, sempre que se atopen en situación de alta ou asimilada ao alta, estean ao corrente no pago das cotas, gocen dos períodos de descanso/permiso por nacemento e coidado de menor e acrediten os períodos mínimos de cotización esixibles en cada caso.

Considéranse situacións protexidas, durante os períodos de descanso e permisos que se gocen por tales situacións:

  • O nacemento de fillo ou filla.
  • A adopción, a garda con fins de adopción e o acollemento familiar, e se trate de menores de 6 anos.

Os períodos mínimos de cotización esixibles varían en función da idade da persoa no momento do parto, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial de adopción:

  • Se é menor de 21 anos, non se esixirá período mínimo de cotización.
  • Se cumpriu os 21 e é menor de 26, 90 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou, alternativamente, 180 días cotizados ao longo da súa vida laboral con anterioridade á devandita data.
  • Se cumpriu os 26 anos, 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou, alternativamente, 360 días cotizados ao longo da súa vida laboral con anterioridade á devandita data.

Non obstante o anterior, poderán serán beneficiarias do subsidio por nacemento as traballadoras por conta propia que, en caso de parto, reúnan todos os requisitos establecidos para acceder á prestación por nacemento e coidado de menor, salvo o período mínimo de cotización.

A prestación económica por nacemento e coidado de menor consistirá, no caso das persoas afiliadas ao RETA, nun subsidio equivalente ao 100 por cento dunha base reguladora cuxa contía diaria será o resultado de dividir a suma das bases de cotización acreditadas a este réxime especial durante o seis meses inmediatamente anteriores ao mes previo ao do feito causante entre cento oitenta, cunha duración equivalente á dos períodos de descanso ou permisos que se gocen.

Máis información na web da Seguridade Social.

As persoas traballadoras autónomas poden xerar o dereito a percibir unha pensión por xubilación. Para cobrar o 100%, na actualidade debes ter 65 anos e ter cotizado un mínimo de 35 anos, aínda que entramos nun período transitorio que elevará a idade a 67 anos e o período cotizado ata os 37 anos para o 2027. A partires desta data, só as persoas traballadoras autónomas que teñan cotizado máis de 38 anos poderán xubilarse aos 65.

Non é posible neste réxime xubilarse antes de ter cumprido os 60 anos, salvo causa de incapacidade permanente.

O emprego autónomo non está incorporado dentro dos acordos da Fundación Estatal para a Formación no Emprego, polo que non é posible bonificar accións de formación.

Non obstante, a Xunta de Galicia desenvolve anualmente un plan de formación específico para que as persoas traballadoras autónomas poidan mellorar a súas competencias, ao tempo que tamén permite a súa participación en determinadas accións dirixidas a persoas traballadoras ocupadas.

Para más información sobre accións de formación para persoas traballadoras autónomas, consulta o apartado de cursos para ocupados no portal de formación Diplos, da Xunta de Galicia.

O bono autónomo é unha axuda posta en marcha pola Xunta de Galicia para apoiar a consolidación da actividade das persoas que desenvolven a súa actividade neste réxime e estean por debaixo dun determinado nivel de facturación, dando acceso a múltiples servizos para a mellora competitiva do teu negocio ou actividade.

Amplía neste enlace a información sobre a convocatoria de 2024.

Por suposto, pero non por motivos legais ou normativos.

Os plans de negocio non só son para as empresas, sendo moi recomendable que desenvolvas un antes de poñer en marcha a túa actividade, para reflexionar pausadamente sobre como levar a cabo o teu proxecto coas máximas garantías.

Se precisas apoio de persoal técnico especializado, consulta na Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia o punto de atención máis adecuado ás túas necesidades.

Por suposto, pero ten en conta que deberás solicitala nun prazo de 3 días naturais desde o cesamento da actividade e por medios electrónicos. Se o fas así:

  • Ata tres baixas dentro de cada ano natural terán efectos desde o día en que cesases na actividade.
  • O resto das baixas que, no seu caso, se produzan dentro de cada ano natural terán efectos desde o día primeiro do mes seguinte a aquel en que cesases na actividade (ou sexa, terás que abonar a cota completa do devandito mes).

No entanto, se a solicitude de baixa non a realizas en forma e prazo, considerarase que segues de alta a efectos da obrigación de cotizar, pero non en canto ao dereito a prestacións.

Ten en conta que non poderás darte de baixa se mantés débedas coa administración e, en calquera caso, deberás realizar as declaracións trimestrais correspondentes ao trimestre en que che deas de baixa, e igualmente debes cumprimentar as declaracións anuais do ano no que che deas de baixa.

Ademais dos contidos informativos que podes consultar nestes momentos, a Oficina do Autónomo está a desenvolver unha zona privada desde a que poderás:

  • Acceder á Xanela Única do Emprego Autónomo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para consultar calquera cuestión de interese que entre dentro do seu ámbito competencial.
  • Contactar co persoal técnico da rede da Xunta de Galicia para solicitar información, asesoramento especializado ou mentoring personalizado para o teu negocio, xa sexa de xeito presencial, en liña ou mesturando ambas posibilidades, como mellor che veña.
  • Coñecer o catálogo de servizos doutras persoas autónomas rexistradas que queiran darse a coñecer, solicitar a súa colaboración en proxectos conxuntos para potenciar mutuamente os vosos negocios ou responder ás solicitudes de colaboración delas.
  • Dispoñer dun escaparate virtual xestionado por ti para dar a coñecer os teus servizos ou produtos a potenciais clientes.
  • Acceder a unha canle para achegar suxestións sobre novos contidos, servizos ou estudos a realizar desde a Oficina do Autónomo.
  • Acceder á Sede Electrónica da Xunta de Galicia para a realización e seguimento de trámites administrativos.
  • Solicitar apoio en materia de prevención de Riscos Laborais para o emprego autónomo.